A cidade crecía
lentamente, pero coa apertura da Rúa do Progreso, a cidade daba un estirón cara
á saída a Ourense, abríndose así unha nova vía -substituíndo ao antigo Camiño
de Castela que discorría pola Seca- na Rúa do Progreso situábase o novo
Hospital, aberto desde 1896, e tamen o Hotel Progreso.
As antigas vivendas desta rúa dábanlle un gran protagonismo coas súas fachadas
con galerías e coquetas bufardas.
A maioría destas vivendas fóronse derrubando co paso do tempo, excepto o
edificio do Gran Garaxe, desaparecendo as liñas de arborado que había en ambos
os lados da Rúa e edificios tan singulares como o do Hotel Progreso.
RUA DE RIESTRA
Nas rúas Michelena e de Riestra comezouse un gran especulación urbanística, onde o personaxe que daba nome á rúa que unía a Praza do Concello coa de San Xosé, estaba implicado en moitas promocións inmobiliarias.
Na Rúa de Riestra, O Diario de Pontevedra tiña o seu obradoiro, había tamén un salón de variedades chamado Petit Palais, enfronte do impoñente chalé que edificase o indiano Trapote, na entrada dos Xardíns das Palmeiras.

A Rúa da Oliva, que recupero o seu nome en 1901, anteriormente José Elduayen, é unha das rúas máis comerciais da cidade, nela instaláronse maragatos que chegaron á cidade na súa andaina comercial, talleres tipográficos, confeiterías, barberías, droguerías, ultramarinos coloniais, sombreirerías e fotógrafos.
Unha rúa que invitaba a grandes paseos dos señoritos, mozas casadeiras e soldados en praza, de arriba abaixo e viceversa.
RUA GARCIA CAMBA
Na esquina coa rúa de García Camba, constrúese a finais dos anos vinte o edificio máis singular da rúa, a casa de Correos e Telégrafos.